lunes, 3 de diciembre de 2007

O que cómpre facermos antes de contratar unha ADSL

Coñecemos como ADSL a unha tecnoloxía baseada na infraestrutura telefónica actual, que aproveita a súa capacidade para transmitir datos, con posibilidade de altas velocidades, e voz simultaneamente.

ADSL é unha especificación asíncrona, na que as velocidades de subida e baixada son distintas. Este tipo de conexións son adecuadas para o usuario doméstico, que estatisticamente descarga máis datos dos que envía. As velocidades de conexión ofertadas polas compañías telefónicas chegan ata un máximo de 20 Mbps (Mega bits por segundo), en referencia á capacidade de descarga. É importante destacar a unidade de medida, o bit, xa que a velocidade que nos mostran os xestores de descargas é de bytes (8 bits). Unha forma sinxela de aproximar a velocidade que nos corresponde é dividir entre 10 a velocidade que temos.

De todos os xeitos, as publicidades son relativas, o coñecido "Hasta 20 Megas", refírese a un tope de velocidade en condicións ideais. A calidade do sinal degrádase polo efecto de moitos factores, sendo o máis crítico a distancia. ADSL dá unha cobertura eficaz ata unha distancia de 3Km desde a central e cunha excelente calidade no cableado de teléfono. As operadoras lávanse as mans na letra pequena do contrato, especificando que unicamente se asegura unha porcentaxe pequena (sobre un 10 - 25 %) da velocidade ofertada.

Actualmente, as operadoras ofértannos diferentes configuracións: desde liñas adicadas, por onde o mesmo provedor sérvevos teléfono, internet e televisión, ata totalmente mixtas, onde a liña de teléfono e Internet pertencen a distintas compañías.

Á hora de elixir a conexión é recomendable investigar un pouco seguindo estes puntos:

–Buscar e comparar ofertas de diferentes provedores. Ler a letra pequena para coñecer se o prezo é igual todos os meses, ou unha promoción temporal. Coñecer a velocidade mínima garantida. Se nos regalan o router para conectarnos, ou o temos que poñer nós. Tempo de permanencia...

–A maior velocidade contratada, máis lle vai a afectar a distancia e a calidade do cableado. Se a liña non ten unha calidade suficiente ou cortes en internet, o mellor é pedir unha redución da velocidade contratada, isto mellorara a calidade, reducindo ó mesmo tempo o custo da nosa factura.

–A maior distancia da central, peor calidade do sinal. Se calculamos máis de 1Km, solicitar ó provedor que nos comproben a calidade da liña e a velocidade que podemos contratar.

–Preguntar aos veciños con ADSL no bloque ou edificio. Daranos unha idea aproximada da calidade na liña (velocidade, cortes, comparar provedores...)

–Se estamos en zonas sen cobertura ADSL, temos a alternativa de conexións móbiles UMTS, radio enlaces ou conexións sen fíos, e ata conexións por satélite. Recordarvos que os provedores están obrigados a garantir a conexión mínima de datos en todo o territorio nacional, é dicir, 56 Kbps.

MODEM

ESTE TIPO DE CONEXIÓN A INTERNET FAISE APROVEITANDO A LIÑA TELEFÓNICA BÁSICA da vivenda. A VELOCIDADE MÁXIMA QUE SE PODE OBTER É DE 56KBPS. TEN A VANTAXE DE QUE PODE SER USADA DESDE CALQUERA TELÉFONO FIXO, PERO É UNHA CONEXIÓN BASTANTE LENTA. NORMALMENTE PÁGASE COMA UNHA CHAMADA LOCAL

ADSL

APROVEITANDO O CABLE INSTALADO DENDE A CENTRAL TELEFÓNICA Ó DOMICILIO DO CLIENTE, ESTA TECNOLOXÍA OFRECE VELOCIDADES MAIORES QUE O MODEM. TEN A LIMITACIÓN DE QUE A CENTRALIÑA TEN QUE ESTAR PREPARADA PARA SOPORTAR ESTA TECNOLOXÍA, PERO SAE MÁIS ECONÓMICO Ó HABER DISPOÑIBLES TARIFAS PLANAS DE CONEXIÓN

CABLE

CO CABLE PODEMOS TER ACCESO A VARIOS SERVIZOS, NORMALMENTE TELÉFONO, INTERNET E TELEVISIÓN. COMo ADSL, TAMÉN TEMOS DISPOÑIBLES TARIFAS PLANAS DE CONEXIÓN, E A VELOCIDADE TAMÉN É ELEVADA. TEN O INCONVENIENTE DE QUE A COBERTURA É MOITO MENOR XA QUE NECESITA UN NOVO CABLEADO

Este artigo foi publicado o 3 de decembro en Oceano Tecnolóxico de Galicia Hoxe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario